Partido Popular de Lugo

TOBÍAS MARTÍNEZ COTARELO PROMETE UN GOBERNO “SERIO E RESPONSABLE” PARA A FONSAGRADA

Barreiro acompañou na Fonsagrada á candidatura de Tobías Martínez Cotarelo

Barreiro acompañou na Fonsagrada á candidatura de Tobías Martínez Cotarelo

Xoves, 26 de abril de 2007.- O presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro asistiu esta noite na Fonsagrada á presentación da candidatura coa que Tobías Martínez Cotarelo vai concurrir ás vindeiras eleccións municipais. Nunha cea na que participaron cen persoas, entre afiliados e simpatizantes, Barreiro dixo que chegou o momento do cambio na Fonsagrada, porque en democracia “cando un concello non funciona ben, o normal é mandar ao goberno á oposición”, dixo o presidente provincial. En opinión de Barreiro, o Partido Popular é o único partido que ofrece aos electores un programa sólido e coherente que consiste en traballar polas persoas, “e por iso seguimos sendo a primeira forza política de Galicia”, engadiu.

Segundo Barreiro, o Partido Popular quere sumar “e contar con todos” mentres que outros entenden a política como unha confrontación permanente, algo que, a seu xuizo, “non aporta nada bo aos veciños, que demandan solucións aos seus problemas”, o que só se pode acadar con persoas capaces e responsables que pensen nos demais e non nos seus problemas persoais.

O presidente provincial do PP pregúntase como pode o alcalde socialista da Fonsagrada pedir que confíen nel cando “non o queren nin no seu propio partido”. Barreiro dixo que non é momento para gobernos débiles no concello e insistiu na importancia da política local e das vindeiras eleccións municipais pois “serán o primeiro paso para cambiar a política de Galicia e do resto de España”, dixo Barreiro.

Pola súa banda o candidato á alcaldía da Fonsagrada, Tobías Martínez Cotarelo, presentou aos membros do seu equipo como unha candidatura experimentada na política municipal e con moitas ganas de traballar por Fonsagrada. Martínez Cotarelo expresou a súa intención de facer unha política “diferente” para os veciños caracterizada pola “seriedade, o rigor e a responsablidade”, e prometeu que, sempre que fose posible, buscaría o consenso con tódalas forzas políticas e sociais do municipio. Así mesmo prometeu gobernar con transparencia aprobando os presupostos anualmente “e non unha vez cada catro anos como fai o alcalde para tapar a enorme débeda do concello”, explicou.

Martínez Cotarelo avanzou algunha das súas propostas de goberno como reforzar o tecido productivo no concello coa construcción do polígono industrial e a creación dunha oficina de información para emprendedores, asi como en rebaixar os impostos directos para as empresas que xeren novos empregos. Para o candidato popular é importante potenciar os sectores agrario e forestal “que non son excluintes entre si senón que hai terreo suficiente no concello para as dúas actividades” e promover a instalación dunha pranta de biomasa no municipio.

Martínez Cotarelo quere tamén acadar unha residencia para a terceira idade, porque considera que “un centro de día non é solución dabondo para as necesidades dos nosos maiores”, así como habilitar novas zonas deportivas para a xuventude.

CANDIDATURA.-

1. Tobías Martínez Cotarelo
Ten 51 anos está casado e ten un fillo. Funcionario da Consellería de Medio Rural, e traballa dende o ano 1980 como axente territorial na comarca da Fonsagrada.

2. Iria Fernández Álvarez
26 anos. Empresaria.

3. Ramón Carballo Páez
48 anos. Veterinario e ex deputado autonómico.

4. Antonio Rodil Álvarez
31 anos. Xestor de Seguros

5. Alfredo López González
62 anos. Gandeiro.

6. Ana Paraje Iglesias
40 anos. Empregada.

7. Florentio López López
45 anos. Gandeiro

8. Margarita Vázquez Vega
43 anos. Empregada.

9. Elsa Fernández Castrillón
32 anos. Empregada.

10. Javier Rodil Álvarez
26 anos. Estudiante.

11. Francisco Fernández Rico
26 anos. Estudiante.

SUPLENTES

1. Sergio López Gómez
Carteiro xubilado.

2. Antonio Fernández Álvarez
Empregado

3. José Mª Pérez Castelao
Empresario

4. Amador Regó Murias
Empresario

PRENSA
PARTIDO POPULAR