Partido Popular de Lugo

ARCADIO LÓPEZ TRABALLARÁ DURO CO SEU EQUIPO PARA “MANTER ALTO O LISTÓN” NA PASTORIZA

Arcadio López presentou a súa candidatura para A Pastoriza

Arcadio López presentou a súa candidatura para A Pastoriza

Venres, 27 de abril de 2007.- O presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro asistiu esta noite á Pastoriza ao acto de presentación da candidatura de Arcadio López González, quen releva a José Yáñez ao fronte da lista popular no municipio. O presidente provincial agradeceu o labor feito por Yáñez durante a súa etapa de alcalde que, segundo dixo, se caracterizou por facer unha “política de cercanía cos veciños e de arranxar as necesidades do municipio, algo que, -afirmou o presidente provincial-, resume o ideario e a forma de actuar en política do Partido Popular.”

O presidente provincial e candidato á Deputación confiou en que os veciños confíen en Arcadio López como o fixeron no seu predecesor (quen vai de número 11 na candidatura) e que o novo candidato saberá retomar o labor do seu predecesor para seguir mellorando a calidade de vida dos veciños da Pastoriza.

Na súa intervención, Barreiro salientou a importancia da política local por ser a máis próxima aos cidadáns, e puxo como exemplo que “cando un veciño ten un problema a primeira persoa á que se dirixe é o alcalde”. Nese senso, explicou que unha das virtudes máis importantes que debe practicar un político consiste en saber escoitar ás persoas e preocuparse polas súas necesidades, “sen prepotencias e sen soberbias, porque unha persoa soberbia non vale para a política”, comentou Barreiro.

Pola súa banda, o candidato á alcaldía, Arcadio López, agradeceu a confianza depositada nel para encabezar a candidatura popular e asumiu o reto de traballar duro para “manter alto o listón como fixo José Yáñez nestes anos”. López González expresou a súa intención dar un novo pulo á Pastoriza reforzando o tecido productivo e fomentando a aparición de empresas transformadoras que apoien a economía do concello, básicamente gandeira. Tamén quere potenciar as comunicacións internas con dúas estradas que unan o concello de Este a Oeste, así como poñer en marcha a piscina municipal e o ximnasio, por ser éstes uns servizos moi demandados.

CANDIDATURA.-

1. Arcadio López González
Ten 49 anos está casado e ten un fillo. Gandeiro de profesión é presidente executivo da Cooperativa Gancobre.

2. José Luis Lodos Ferreiro
48 anos. Empresario.

3. Miguel Luaces Mel
27 anos. Gandeiro.

4. María Carmen Coido Rico
35 anos. Auxiliar de clínica.

5. Celso Folgueira Murado
34 anos. Gandeiro.

6. Eradio Braña Braña
66 anos. Gandeiro.

7. Francisco González Gasalla
45 anos. Empresario

8. José Iglesia Seivane
41 anos. Gandeiro.

9. Remedios Luaces Alonso
48 anos. Gandeira.

10. Antonio Otero Trigo
42 anos. Gandeiro.

11. José Yáñez García
64 anos. Empresario.

SUPLENTES

1. José María Reigosa Cabaneiro
53 anos. Gandeiro

2. Julio Alvite García
49 anos. Empresario

3. Gerardo Alvite Reigosa
51 anos. Chófer

PRENSA
PP DE LUGO