Partido Popular de Lugo

O PP preguntará polo litixio xudicial aberto contra o Concello de Monforte pola xestión das colonias felinas

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte preguntarán no vindeiro pleno polo litixio xudicial actualmente aberto contra o Concello por un presunto incumprimento da Lei de Benestar Animal, especialmente no referido á obriga de control e xestión das colonias felinas. A voceira popular, Katy Varela, explica que, segundo nos trasladaron os propios demandantes, … Leer más

O PP pregunta ao Goberno de Sánchez pola exclusión de Auxilia das axudas estatais destinadas ás entidades de discapacidade

O Partido Popular reclama explicacións ao Goberno de Sánchez ante a “exclusión” da entidade Auxilia das subvencións de concesión directa do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 dirixidas a entidades especializadas no ámbito da discapacidade que viña recibindo nos últimos exercicios. Os senadores do PP por Lugo José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro … Leer más

O PP de Monforte advirte de que hai 68 propiedades afectadas no proxecto da nova senda peonil e pide a Tomé transparencia e diálogo cos veciños

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte manifestan a súa fonda preocupación polo proxecto da nova senda peonil prevista á beira dos regatos de Monforte, unha actuación que se executará ao abeiro dun convenio coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS). A voceira popular, Katy Varela, explica que tras analizar a documentación do proxecto, “todo … Leer más

O PP insiste en esixir ao Goberno de Sánchez e a ADIF solucións urxentes aos problemas na contorna da estación de Oural

Sarria, 3 de setembro de 2026. O Partido Popular insiste en esixir ao Goberno de Sánchez e a ADIF “unha solución definitiva” ao illamento do barrio da Estación e aos danos ocasionados na contorna con motivo da execución das obras na estación de ferrocarril de Oural, en Sarria. Os representantes do PP lucense esixirán “unha … Leer más

Nicole Grueira: “Cumprimos o noso compromiso de arranxar as ventás da aula infantil e outras melloras no colexio de Pol”

A Xunta de Galicia vén de rematar as obras de mellora no CEIP Rosalía de Castro de Mosteiro, en Pol, onde investiu arredor de 30.000 euros para renovar as ventás da aula infantil e arranxar as instalacións da cociña do centro escolar para “corrixir o que o alcalde deixou abandonar”, segundo manifesta a portavoz do … Leer más

O PP advirte de “facturas sorpresa” do Goberno a Concellos lucenses por obras da CHMS tras “cambiar as regras do xogo a posteriori”

Lugo, 29 de agosto de 2026. O Partido Popular denuncia que “o Goberno de Sánchez pretenda facer caixa a costa dos Concellos lucenses” con motivo de obras de abastecemento, saneamento e depuración executadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil en virtude de convenios asinados con Concellos antes de maio do 2023, data de aprobación da norma … Leer más

O PP denuncia que a Deputación segue sen aclarar a data de apertura da residencia da Pontenova tras encargar a obra a Tragsa

Xoves, 27 de agosto de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular denuncian “a falta de transparencia e a nefasta xestión” de PSOE e BNG na construción do centro de atención a maiores da Pontenova. O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, fai esta reflexión ao desvelar a decisión de PSOE e BNG de encomendar agora … Leer más

O PP pide explicacións ao Goberno logo de cinco meses sen pintar a N-540 entre Chantada e A Barrela

Lugo, 25 de agosto de 2026. Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, veñen de rexistrar unha iniciativa no Senado para denunciar que, case cinco meses despois do reasfaltado, boa parte dos aproximadamente sete quilómetros da N-540 entre o polígono industrial de Chantada e … Leer más

O PP subliña que “PSOE e BNG rectifican” sobre o equipamento de mobiliario e a cociña da residencia de Becerreá, unha responsabilidade que “previamente pretendían trasladar ao futuro adxudicatario”

Luns, 24 de agosto de 2026. O portavoz provincial do Partido Popular, Antonio Ameijide, subliña que “o goberno de PSOE e BNG tivo que rectificar” e “autoemendarse” en relación ao equipamento e dotación de cociña na residencia de Becerreá: “na memoria aprobada por PSOE e BNG establecían unha xestión privada con canon 0 onde a … Leer más

O PP lucense advirte da “drástica e inxustificada” redución de servizos en Correos na provincia polos “recortes do Goberno de Sánchez”

Lugo, 21 de agosto de 2026.-. Os deputados lucenses do PP advirten da “drástica e inxustificada redución de servizos, importantes deficiencias e perda de calidade” no servizo de Correos na provincia de Lugo derivados da “deficiente xestión” e dos “recortes” do Goberno de Pedro Sánchez e do PSOE á fronte desta empresa pública. Jaime De … Leer más