Partido Popular de Lugo

O GPPP ASEGURA QUE Ó BIGOBERNO DA DEPUTACIÓN NON DISPÓN NIN DE ARGUMENTOS NIN DE FEITOS PARA DISIMULAR A SÚA VAGANCIA

Lugo, 2 de maio de 2008.- O voceiro do Grupo Provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, xunto con deputado José María González Barcia, enfatizaron hoxe durante unha rolda de prensa que o “que falta na Deputación é traballo”.  

“Pode resultar reiterativa esta denuncia pero responde a unha realidade palpable con tan só botarlle unha ollada ó contido das xuntas de goberno ou ós propios plenos. As ordes do día son sempre cuestión de mero trámite e absolutamente vacías de contidos relevantes ou de proxectos novos en calquera dos eidos de competencia da administración provincial”, aseguran dende o Partido Popular, aínda que matizan que hai que “facer diferencias” entre o traballo desenvolvido polas áreas do PSOE e as do BNG. “Hai que recoñecer que as áreas de competencia nacionalista traballan algo máis”, puntualizou José Manuel Barreiro.

Un exemplo desta situación, “da desgana e desinterese existente”, son as continuas ausencias dos membros da xunta de goberno, encabezados polo seu Presidente, que xa, recalcan, “repetidamente vimos denunciado dende o Grupo popular”. De feito, á do pasado venres, día 25, faltaron Besteiro, Lara Méndez e María José Vega. “Así non hai forma humana de organizar, coordinar e facer nada de nada”, engadiu Barreiro.

“O argumento esgrimido polo Presidente Besteiro de que as cousas non se fan en dous días é lexítimo, pero a realidade é que a case nada desgraciadamente el e o seu equipo lle adica dous días. Se llos adicara posiblemente veríanse outros resultados e nós, dende o grupo popular, teríamos que adicarnos a cuestionar ou a loubar os proxectos, a presentar alternativas no caso de que non nos parecera axeitado o plantexamento ou a introducir algún engadido sobre algún aspecto que botáramos en falla, na vez de insistir, unha e outra vez, en que eiquí non se traballa”. 

Para o PP tampouco vale o argumento de botar a vista atrás e cuestionar o que fixeron outros. “Hoxe o que tén a responsabilidade de gobernar a Deputación é o PSOE e o BNG, e tena dende hai nove meses. Xa basta de buscar excusas para disimular a súa vagancia”, recalcan os populares. 

Neste contexto, segundo salientou Barreiro, a resposta dada no último pleno sobre cándo se poñerán a disposición dos grupos políticos os locais prometidos no pazo provincia esgrime a filosofía de traballo do equipo de goberno e, moi significativamente, do seu Presidente. “Esas respostas lacónicas de coa maior brevidade ou cando as circunstancias o permitan son as frases comodín que o Sr. Besteiro pode rexistrar na sociedad xeral de autores como propias e intransferibles. Utilizaas alá onde vaia e fale do que fale: A solución da comarcalización dos parque de bombeiros municipais de Lugo e Monforte; o traspaso dos hospitais ó Sergas; a solución ó problema da recollida dos contenedores amarelos; o lamentable estado das vías provinciais; o retraso na aprobación do novo regulamento; a demora nos expedientes de expropiación para a execución de obras por importe de cincuenta millóns de euros… solucionanse en breve”.

Estas respostas, ó entender dos representantes do PP, son máis unha tomadura de pelo ós veciños e veciñas desta provincia que ó propio PP, “se eso é o que pretende porque a xente quere ver, logo de que se lle anunciaran, feitos, e eso é o que por desgracia non se ve”. 

Para o Grupo popular non é aceptable tampouco que o equipo de goberno provincial pretenda achacar as súas evidentes discrepancias ó labor que, como oposición, lle corresponde facer o PP. “É máis”, engadiu Barreiro, “na Deputacion sempre se trataron temas que teñen trascendencia para a provincia. E se a Deputación quere ser, como dixo o seu Presidente, o concello dos concellos, a eso temos que aplicarnos. O que posiblemente acontece é que as discrepancias son debidas ás propias cuestións de funcionamento interno da propia Deputación, véxase como botón de mostra o retraso dos orzamentos do que, todo hai que dicilo, o BNG desmarcouse”. 

Para o PP outro bo exemplo de cómo “cala” a democracia nacionalsocialista na administración provincia e o cambio realizado nos estatutos da fundación TIC para “exclusivo beneficio” do PSOE. A partir de agora cada partido con representación na Deputación vai a ter un representante elexido polo propio grupo e haberá outro a maiores “designado a dedo” polo Presidente Besteiro.