Lugo, a 1 de maio de 2008.- O Grupo Provincial do PP non está satisfeito coa resposta dada no pleno provincial do pasado martes sobre a realización das obras do novo vial costeiro entre Ribadeo e Barreiros e a reparación e acondicionamento da actual estrada CP-0610, dende As Catedrais a Altar.
O voceiro adxunto do Grupo Provincial do PP, José María González Barcia, considera unha burla a resposta dada por Manuel Martínez, diputado delegado de Obras, porque non aclarou se o novo vial se vai facer ou non, e porque nin tan sequera constestou á pregunta sobre o acondicionamento da estrada actual desde As Catredrais a Altar.
Polo tanto, Barcia deduce que a demora das obras é totalmente intencionada, e os veciños de Ribadeo e Barreiros deben tomar boa nota do trato que lles está a dar a Deputación, cando estamos a falar de alomenos non perxudicar ó sector turístico destes dous concellos, tan importante na súa actividade económica.
O Grupo Provincial do PP presentará agora unha moción para visualizar os compromisos mediante o voto. Barcia garante o voto favorable dos deputados provinciais do PP pola Mariña, pero dubida do sentido do voto dos deputados socialistas Roel e Méndez, e tamén do voto de Veiga Otero, deputado nacionalista e concelleiro de Barreiros.
González Barcia afirma que os cidadáns de Ribadeo e Barreiros son intelixentes e se darán conta de quen defende os seus intereses e quen non; Barcia lembra que o alcalde de Ribadeo tróuxese un non á reparación da estrada 0610 da súa reunión co presidente da Deputación, e ese trato non o merecen os veciños destes dous concellos.