Partido Popular de Lugo

Miguel Gallego: “O orzamento do bipartito municipal só reserva 300€ para mantemento de infraestruturas, mentres hipoteca o Concello con gastos descontrolados”

Samos, 5 de abril de 2024. O voceiro do PP de Samos, Miguel Gallego, denuncia que “a alcaldesa está hipotecando aos veciños de Samos porque non se preocupa para nada de controlar o gasto. Todo o contrario: todo é derrochar, sen ton nen son, en cousas que a maioría das veces non son prioritarias e logo atopase co problema de que non lle chegan os cartos”.

O popular advirte de que “dos 1.260.000 € de presuposto que aprobou hoxe o bipartito no pleno só reservan uns míseros 300€ para o mantemento de infraestruturas; mentres que 1M€ vai exclusivamente para os soldos dos políticos, dietas e nóminas”.

Os populares explican aos veciños que “este goberno bipartito xerou un déficit de -274.000€, ao que hai sumarlle unha nova modificación de crédito por valor 45.000€. Esta situación vai levar ao Concello a un estado ruinoso”, advirten.

Os populares preguntaron se tiñan previsto un plan de saneamento das contas municipais, pero “dende o goberno local responderon que consistirá en axustar ingresos e gastos”.

Gallego tamén sinala que “o goberno bipartito recoñeceu no pleno o que nos leva ocultando reiteradamente: que se están subindo os prezos do SAF e que hai xa unha lista de espera de 14 persoas que se negaba a admitir. Isto é o que lle preocupan os nosos maiores: nada de nada”, conclúe.