Becerreá, 21 de febreiro de 2023. O impulso das celebracións sociais, dos eventos populares, é unha tarefa relevante dos gobernos municipais. Pese a elo, en Becerreá o Concello non fixo nada para potenciar o Entroido, como pon de manifesto o PP local, que adquire o compromiso de apoiar este tipo de eventos, tanto dando respaldo ás asociacións como con iniciativas propias.
O PP de Becerreá “lamenta a falta de organización de actos, de planificación de eventos polo Concello neste Entroido”. Destaca que “estas celebracións, polo seu arraigo, supoñen ou deben supoñer, elementos de dinamización económica e social, e, polo tanto, o Concello debe apoiar as iniciativas que xurdan neste sentido ou impulsalas directamente”.
Os populares comprométense “a apoiar este tipo de iniciativas se hai asociacións que as organicen e, noutro caso, o Concello asumirá directamente a organización”.
No PP queren “que Becerreá teña ao longo de todo ano unha programación de eventos sociais e culturais”, e para iso traballarán “sempre en positivo e con afán construtivo”.