A Fonsagrada, 27 de decembro de 2022. O empresario do sector da hostalería e da alimentación natural de A Fonsagrada e actual concelleiro do PP de A Fonsagrada, Bernardo Xavier Niño Neira, foi nomeado presidente da xestora do PP local. A dirección provincial reforza así o partido no municipio para chegar máis forte ás eleccións municipais do 2023.
Este nomeamento xurde tras a renuncia do presidente da agrupación local, José Luis Regueiro, por motivos persoais, e do consenso dos afiliados e co propio presidente nunha reunión celebrada recentemente coa dirección do partido provincial. Ademais, nos próximos días nomearase ao grupo que conformará o conxunto da xestora do PP de A Fonsagrada.
O presidente local explica que se tomará o tempo necesario para ter conformada a xestora do partido. Neste sentido é claro coa folla de ruta a seguir, pois a súa conformación responderá á firme decisión do presidente de incluír nela todas as persoas que queiran traballar por A Fonsagrada e polos seus veciños.
Niño Neira, como empresario e concelleiro ten experiencia na xestión e é coñecedor dos problemas que afecta ao municipio e aos seus veciños. “Temos claro que as nosas prioridades son resolver o problema que temos co despoboamento en A Fonsagrada e no deterioro total dos servizo públicos que nos están afectando a todos”. Así mesmo, o presidente sinala que a súa labor terá como liña principal traballar polo municipio, estar preto dos seus veciños para defender os seus intereses.