O portavoz do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, pide tranquilidade e responsabilidade por parte de todos e cada un de nós ante o incremento do número de positivos por covid-19 na Mariña. Únese ás palabras do alcalde neste momento no que estamos padecendo unha crise sanitaria, “todos os representantes políticos e todas as administracións debemos estar unidos”.
O popular sinala que “ser responsables supón cumprir a normativa sanitaria que establece o uso de mascarilla, manter as mans limpas e desinfectadas con hidroxel e gardar a distancia de seguridade entre as persoas”. Convida polo tanto o popular a “comprometernos coa sociedade a través do cumprimento destas medidas que nos permiten protexernos a nós mesmos; pero tamén ás nosas familias e aos nosos amigos”.
CRISE SANITARIA CON CONSECUENCIAS ECONÓMICAS
Ante esta crise sanitaria que ten consecuencias económicas, Vega pide responsabilidade tanto para protexer a nosa saúde como para “protexer ao noso tecido económico local que nestes momentos está sendo moi golpeado”. O popular asegura que “para que continuar coas actividades do noso día a día, debemos ser responsables. Entre todos, sairemos adiante”, conclúe.