Partido Popular de Lugo

As tres candidatas da zona sur poñen en valor o esforzo inversor da Xunta na mellora dos centros educativos de Chantada e Monforte

As tres candidatas da zona sur, Raquel Arias, Susana López Abella e Katy Varela, acompañadas da tamén candidata Carmen Pomar (conselleira de Educación) visitaron este xoves os municipios de Chantada e Monforte de Lemos, onde o Goberno de Feijóo realizará importantes melloras en varios centros educativos destas dúas localidades.

 

En total, investiranse máis de 2 millóns de euros no IES Lama das Quendas e CEIP Plurilingüe Eloísa Ribadulla de Chantada e nos CEE Infanta Elena e IES A Pinguela, en Monforte de Lemos, e cos que se dá resposta a unha demanda moi importante da comunidade educativa desta zona.

 

As candidatas lucenses puxeron en valor así o traballo levado a cabo nestes últimos anos de Goberno de Feijóo en materia de educación a nivel autonómico e provincial. Proba delo é que Lugo recibiu dende 2017 un investimento de máis de 30 millóns de euros para a mellora de varios centros lucenses entre os que se atopan os citados.

 

“O 12 de xullo os lucenses temos a opción de votar ao experimento que resulta dun posible multipartito ou, pola contra, apoiar ao noso candidato que demostrou pola vía dos feitos que é un dirixente cuxo principal aval é a xestión”; un presidente, engadiron, que “dá confianza aos galegos e que en tempos de dificultade como os que estamos a vivir, sabe estar á altura das circunstancias porque a súa prioridade somos os galegos e galegas e, como acabamos de ver en Chantada e Monforte, tamén os lucenses e as lucenses”.

 

No caso dos centros mencionados o investimento destinará a administración autonómica é o seguinte: 595.497 euros IES Lama das Quendas, 933.836 euros CEE Infanta Elena, 250.000 euros, Eloísa Ribadulla e IES A Pinguela 210.262 euros.

 

REUNIÓN EN PORTOMARÍN

Previamente aos encontros de Chantada e Monforte de Lemos, Susana López Abella tamén se reuniu coas mulleres rurais de Portomarín. A popular continuou así a rolda de contactos con distintos colectivos da provincia para dar a coñecer o proxecto de Alberto Núñez Feijóo, así como os proxectos desenvolvidos dende a Xunta en materia de igualdade e de violencia de xénero.