O número dous da candidatura por Lugo ás eleccións do 12 de xullo e conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañado dos tamén candidatos, José Manuel Balseiro, Sandra Vázquez e Manuela Carballeira, destacou este domingo en Guitiriz que "levamos dez anos demostrando que somos o único partido que entende Galicia e que lle ofrece garantías de crecemento".
Nun encontro con empresarios locais, Conde indicou que "queremos seguir traballando para seguir dando garantías, máis previsións e máis cooperación", como así acontece co Plan de Reactivación Económica posto en marcha polo Goberno de Feijóo para axudar a paliar os efectos que deixa o Covid-19 a autónomos, pemes e colectivos do tecido socioeconómico galego.