Partido Popular de Lugo

O grupo municipal do PP reparte en Monforte 2.000 máscaras sanitarias por medio de Cruz Vermella, Cáritas e Ruliños

O Grupo Municipal do Partido Popular de Monforte reparte estes días 2.000 máscaras sanitarias a colectivos vulnerables, segundo confirma a concelleira Katy Varela. A portavoz popular indica que a distribución lévase a cabo por medio de Cáritas, Cruz Vermella e a asociación Ruliños.

 

A adquisición das máscaras sanitarias efectuouse con cargo aos propios recursos do grupo municipal popular, procedentes da asignación que lle corresponde no Concello.

 

Con esta iniciativa, os edís populares pretenden colaborar para que os monfortinos con menos recursos poidan dispoñer dunha peza básica de protección sanitaria como son as máscaras fronte a posibles contaxios por covid-19.