Partido Popular de Lugo

A Xunta segue aportando material ao Concello, residencias e ao tecido económico local para combater o coronavirus

A Xunta de Galicia vén de facer unha nova entrega ao Concello de 450 máscaras, 200 luvas, 4 pantallas faciais, 9 batas e 5 traxes de protección para seguir combatendo o coronavirus, que serán distribuídos tamén entre as residencias e o tecido económico local.

 

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular neste municipio, Daniel Vega, explica que se trata dunha nova doazón que o Goberno autonómico fai á entidade local, polo que, dende que esta administración comezou a adquirir material pola súa conta, a pesares de ser esta unha competencia que asumiu directamente o Executivo central, achegou a Ribadeo un total de 2.278 máscaras, 2.133 luvas, 25 botes de hidroxel, 103 traxes, 73 batas, 5 garrafas de desinfectante e 13 de lixivia, e 13 pantallas faciais.

 

“A Xunta de Galicia actuou con prontitude, anticipándose incluso á administración que é a que ten as responsabilidades encomendadas para facelo. E fíxoo con medidas sanitarias e económicas. Por iso, estamos en mellor situación que outras comunidades”, afirma o tamén deputado autonómico.

 

Para Daniel Vega esta colaboración “non é menor, sobre todo, porque nestes máis de 70 días de estado de alarma o centro de saúde, a residencia de maiores, os traballadores do SAF e  todos os profesionais considerados esenciais, precisan deste material para o seu traballo diario, que procede, en moitos casos, de recursos propios, de doazóns de empresas, institucións e mesmo particulares que altruistamente non dubidaron en axudar nesta situación complicada”.