Partido Popular de Lugo

Por este motivo, trasladaron á presidenta deste colectivo, Aurora Carro, que “non é o mesmo que gobernen uns, que que gobernen outros”, xa que as melloras destes meses foron posible grazas ás contas do Executivo de Rajoy

9, abril, 2019. Os candidatos ao Congreso e ao Senado, Jaime de Olano e Joaquín García Díez, e Rosa Arza, respectivamente, acompañados do candidato á alcaldía, Ramón Carballo, trasladaron este mércores á Asociación de Viúvas de Lugo, que preside Aurora Carro, a importancia de concentrar o voto no PP como garantía de estabilidade e de rendibilidade económica. Proba delo, é que durante o mandato de Mariano Rajoy aprobouse unha suba do 15% das pensións incluídas neste réxime, a pesares do voto en contra do PSOE, e que na provincia de Lugo afecta a 3.100 mulleres.

 

Por este motivo, os populares indicaron que “non é o mesmo que gobernen uns, que que gobernen outros, xa que as melloras aplicadas nos últimos meses foron posible grazas ás contas dun mandato do PP, e que saíron adiante a pesares de non contar co apoio dos socialistas nin de Sánchez”.

 

Importantes beneficios co PP

O Partido Popular tamén deixou aprobado un aumento do 56 ao 60% da base reguladora das pensións de viuvez, que se fixo efectivo o pasado mes de xaneiro.

 

Os populares de Lugo recordaron así que o Executivo de Mariano Rajoy blindou as pensións cumprindo o seu compromiso de nin recortalas nin conxelalas. De feito, foi este equipo o que estableceu varias melloras nas mesmas, así como a redución do IRPF que beneficia a un millón de pensionistas que, ademais de ver incrementada a súa percepción económica, tamén verán mellorado o seu poder adquisitivo ao ter que pagar menos impostos.

 

Os candidatos así llelo trasladaron á presidenta deste colectivo e a todas as asistentes durante a reunión convocada polos populares, co fin de que esta organización coñeza de primeira man por que o PP é un #ValorSeguro para España e, en consecuencia, para Galicia e para Lugo.