10, abril, 2019. O Grupo Provincial Popular vén de solicitar unha xunta de portavoces na Deputación de Lugo para que o Pazo Provincial dos Deportes da cidade leve o nome de Jesús Lence como unha homenaxe póstuma “polo seu compromiso social e co deporte”.
A voceira do PP, Elena Candia, explica que logo de manter unha reunión con Ramón Carballo se adoptou a decisión de xeito consensuado, polo que agarda que ademais do apoio do Grupo Municipal do PP se consiga o apoio de todos os Grupos con representación na Corporación Provincial.