Partido Popular de Lugo

Os populares de Monforte lamentan que “o alcalde non inclúa a estrada de Piñeira nos novos arranxos de vías provinciais”

15, setembro, 2018. A voceira do PP de Monforte, Julia Rodríguez, lamenta que “o alcalde non inclúa a mellora da estrada de Piñeira na nova listaxe de pistas que anunciou que se ían arranxar con achegas da Deputación”.

 

A popular critica que “o Goberno local fago caso omiso” ás peticións dos veciños e veciñas da zona que teñen reclamado en varias ocasións a reparación desta vía de titularidade provincial.

 

Igualmente, Rodríguez recorda que “os distintos grupos municipais teñen manifestado o seu apoio a distintas iniciativas que os populares levaron a Pleno en novembro do 2013 e en setembro do 2016 sobre a mellora da seguridade desta estrada”. Polo tanto, “o alcalde incumpre, novamente, os acordos adoptados pola Corporación municipal”.

 

Os populares lamentan, unha vez máis, “os criterios de xestión do rexedor local que non escoita aos veciños e non da resposta ás súas necesidades a pesar de ter agora unha boa oportunidade para acometer as obras de mellora na estrada LU-P-3201”.

 

Seguridade para o tránsito de peóns

A voceira do PP, Julia Rodríguez, asegura que o seu Grupo ten recibido queixas de veciños e usuarios, preocupados pola falla de seguridade viaria existente na parroquia de Piñeira, concretamente no que atinxe ao tránsito de peóns. Polo tanto, os populares insisten nesta petición logo de coñecer que o Goberno Provincial ten previsto actuar en varias vías sen recoller a actuación que o Pleno de Monforte acordou para esta estrada.