Partido Popular de Lugo

“A desidia do alcalde é tal que ata nin se arranxan os semáforos”, asegura o PP burelés

BURELA, 14 de setembro de 2018.- O Grupo Municipal Popular de Burela denuncia ho“o estado “lamentable” do semáforo do Correo Vello que se atopa vindo de Cervo; “un semáforo con muletas, dado que está suxeito por uns ferros soldados para que este non se veña abaixo”. Neste senso, critican que “se isto fose unha situación de hai uns días, podería pasar, pero é que leva así dous meses, e nada se fai para solucionar esta situación, que podería ser de risco se un vehículo volve a tocarlle ao báculo ou outra circunstancia provoca a súa caída”.

Para os populares, isto é a demostración “palpable” de que o alcalde e o concelleiro de Obras “actúan a base de chapuciñas”. “Non se desbrozan as beirarrúas, colócanse sinais de tráfico onde non deben colocarse, e este semáforo leva dous meses así… Lamentable. O concelleiro de Turismo non se queixará do PP, xa que lle imos propoñer outro slogan para a próxima campaña de promoción de Burela. Se non lle gusta Burela, a selva, pode adoptar o de Burela, chapuzas”, destacan.

Isto quere dicir, a xuízo dos edís do PP, que “hai cartos para todo, pero non os hai para solucionar os problemas do día a día. Iso sí, para fotos ou festas teñen tempo de sobra”.

Sinal de STOP en Eijo Garay

Os populares tamén aseguran que un bo número de persoas se ten dirixido ao grupo do PP para queixarse sobre o sinal de stop colocado na rúa Eijo Garay, na intersección coa do Berbés. A este respecto, precisan que os cidadáns se queixan da nula advertencia previa dese sinal, nunha zona de curvado escaso tempo de reacción dende que se ve o sinal, e de que se para xusto riba dun paso de peóns, co risco que esta situación acarrea.

 

Os populares lembran que a única administración responsable dese sinal é o Concello, e consecuentemente o alcalde, xa que é zona de ámbito municipal e non portuario. Polo tanto, consideran que “sería bo que o socialista corrixise tal situación, e non se escude en Portos para xustificar a súa incompetencia”.

Para o GMP, “este é o exitoso plan de tráfico que nos anunciara o alcalde hai case que tres an;: un sinal de stop inadecuadamente caducado e un semáforo con muletas”, conclúen.