Partido Popular de Lugo

O PP preguntaralle aos socialistas na Deputación de Lugo se é certo que lle ofreceron 90.000 euros a Martínez por ser xerente de Suplusa

2, julio, 2018. O Grupo Provincial do PP preguntaralle aos socialistas na Deputación de Lugo no vindeiro Pleno se é certo que lle ofreceron 90.000 euros a Manuel Martínez por ser xerente de Suplusa.

 

Os populares fanse eco dunhas declaracións aos medios do deputado non adscrito nas que esta mesma semana recoñeceu que os socialistas lle chegaron a ofrecen en lugar da presidencia da Deputación, ser xerente de Suplusa e cobrar 90.000 euros.

 

Os populares pídenlle a Campos e a Álvaro Santos, se é que aínda se falan entre eles despois da puñalada do último Pleno asestada polo secretario xeral do PSOE ao presidente da institución, que dean explicacións sobre este ofrecemento que confirmou o propio deputado non adscrito esta mesma semana.

 

Isto confirmaría, explican, o mercadeo de intereses que existe no Goberno do PSOE e poría en evidencia “unha vez máis” a incoherencia do equipo de Goberno, que agora critica o soldo do presidente da entidade urbanística, cando eles lle terían ofrecido unha contía moito superior, de 30.000 euros máis, a cambio de que renunciara á Presidencia da Deputación.

 

“O PP sempre vai defender que os traballadores cobren polo seu traballo, pero non que se negocie cunha institución como é a Deputación solo en aras a satisfacer os intereses persoais dos que se din socialistas”. Desde o PP entenden que onte Álvaro Santos pedira desculpas aos lucenses. “É o menos que debe facer un Goberno ameazado de traizón, ninguneos e de prebendas polos seus propios membros. Está claro que a provincia merece algo mellor”, conclúen.