04, xuño, 2018. Os tres Concellos da Ulloa veñen de recibir da Xunta de Galicia máis de 90.000 euros para a creación de 12 novos postos de traballo. Isto será posible grazas ao financiamento que contemplan a RISGA, o programa Aprol Rural e as contratacións de socorristas para a contratación destes empregos.
Deste xeito, os municipios beneficiarios son os de Antas de Ulla con 4 empregos e un investimento de 25.210,84 euros; Monterroso con 5 e un importe de 38.891 euros e, Palas de Rei ,con 3 e un orzamento de 26.134,16 euros.
Os populares das agrupacións destes municipios salientan o impulso do Executivo galego para a creación de emprego. “Cremos que debemos de por en valor que a administración da Xunta financie estes postos de traballo, ao igual que tamén queremos destacar o fin para o que están creados, que é ao mantemento dos nosos montes e doutros espazos municipais”, afirman.
Para os representantes do PP da Ulloa “cúmprense, por tanto, dous obxectivos ao noso entender, que son reducir o paro, dando novas oportunidades laborais aos veciños e, segundo, que os nosos Concellos dispoñan de novos efectivos para prestar un mellor servizo”.
A selección, como xa é sabido, corre a cargo dos Concellos e o tempo de duración das contratacións vai dende os 2 meses no caso dos socorritas, ata os 7 meses na RISGA e os 9 meses no programa Aprol Rural.
Desglose por Concello
Os importes que recibiron os Concellos, así como o número de contratacións, son as seguintes:
RISGA: 32.224,36 EUROS
CONCELLO |
TRABALLADORES |
CONTÍA |
ANTAS DE ULLA |
2 PEÓNS |
18.833,36 EUROS |
MONTERROSO |
2 PEÓNS |
13.391 EUROS |
APROL DO RURAL: 44.997,3 EUROS
CONCELLO |
TRABALLADORES |
CONTÍA |
PALAS DE REI |
2 PEÓNS FORESTAIS |
22.497,30 EUROS |
MONTERROSO |
2 PEÓNS |
22.500 EUROS |
SOCORRISTAS: 13.014,34 EUROS
CONCELLO |
TRABALLADORES |
CONTÍA |
ANTAS DE ULLA |
2 |
6.377,48 EUROS |
MONTERROSO |
1 |
3.000 EUROS |
PALAS DE REI |
1 |
3.636,86 EUROS |