01, xuño, 2018. O PP da Montaña pon en valor que a Xunta de Galicia cree 31 novos empregos na comarca grazas ás contratacións contempladas ao abeiro do RISGA, do programa Aprol do Rural e ás axudas para socorristas. Deste xeito, o Goberno galego no só contribúe a reducir o desemprego nos Concellos desta zona, senón que realiza un importante esforzo inversor ao destinar máis de 300.000 euros á contratación destes traballadores, cuxa selección corre a cargo dos Concellos.
Os populares desta comarca, concretamente dos municipios de Baralla, Becerreá, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, As Nogais, Cervantes, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Ribeira de Piquín e Baleira agradecen publicamente o apoio da administración autonómica, pois “permite crear emprego, chegando nalgúns casos a que se poidan facer contratos de nove meses de duración, como é o caso dos contemplados no marco do programa Aprol Rural”. Polo que respecta ás contratación do RISGA, a duración é de 7 meses e, no caso do servizo de salvamento, de 2 meses.
Para os representantes do PP estas axudas supoñen “unha inxección ecónomica moi importante e un balón de osíxeno para que dende os Concellos se poida dar unha oportunidade laboral aos novos veciños”. Por este motivo, destacan a importancia de que unha administración como a Xunta “poña á disposición dos mesmos esta oportunidade, xa que todo o que se faga por reducir o desemprego sempre debe de ser valorado”, remarcan.
As cifras ao detallade
Os importes que recibiron os Concellos, así como o número de contratacións, son as seguintes:
RISGA: 100.142,91 EUROS
CONCELLO |
TRABALLADORES |
CONTÍA |
BARALLA |
2 PEÓNS |
18.790,80 EUROS |
BECERREÁ |
2 PEÓNS |
15.541,26 EUROS |
A FONSAGRADA |
5 PEÓNS |
46.977,35 EUROS |
NEGUEIRA DE MUÑIZ |
2 PEÓNS |
18.833,50 EUROS |
APROL DO RURAL: 197.250 EUROS
CONCELLO |
TRABALLADORES |
CONTÍA |
AS NOGAIS |
4 PEÓNS FORESTAIS |
45.000 EUROS |
CERVANTES |
2 PEÓNS |
22.500 EUROS |
NAVIA DE SUARNA |
2 PEÓNS |
22.500 EUROS |
BECERREÁ |
2 AUXILIARES ADMINISTRATIVOS |
28.500 EUROS |
BARALLA |
2 PEÓNS |
22.500 EUROS |
PEDRAFITA |
2 PEÓNS |
22.500 EUROS |
TRIACASTELA |
1 PEÓN |
11.250 EUROS |
RIBEIRA DE PIQUÍN |
2 PEÓNS |
22.500 EUROS |
SOCORRISTAS: 7.500 EUROS
CONCELLO |
TRABALLADORES |
CONTÍA |
BALEIRA |
1 |
3.000 EUROS |
AS NOGAIS |
1 |
3.000 EUROS |
PEDRAFITA |
1 |
1.500 EUROS |