Partido Popular de Lugo

O PP de Trabada recolle “o sentir” dos veciños e pide á Xunta que incorpore no plan de transporte o servizo ao hospital

TRABADA, 24 de setembro de 2017.- O PP de Trabada, da man do seu voceiro, José Manuel Yanes Ginzo, pide á Xunta de Galicia que incorpore no plan de transporte o servizo ao hospital. Deste xeito, os populares demandan ao Goberno galego a importancia de que se proporcione esta cobertura, pois son moitos os cidadán os que a demandan.

 

Ginzo matiza, neste senso, que “recollemos o sentir dos veciños, e facémolo, indica, a pesares de que a nosa alcaldesa non se molestou nin o máis mínimo con este asunto, pois tivo a oportuidade de facelo no perído de alegacións e non o fixo”. Con todo, os populares agardan que a administación autonómica “sexa sensible” con Trabada. “Xa que Mayra García non fixo nada, nós queremos liderar esta petición, pois consideramos que, dentro das nosas funcións como oposición, está a de escoitar á veciñanza e dar resposta ás súas propostas”, remarca o voceiro do PP.

 

Pouca altura de miras” da socialista

Asemade, Ginzo lamenta a “pouca altura de miras” da socialista, xa que ao non manifestar ningunha proposta de mellora no prazo habilitado pola administación autonómica -30 de maio-10 de xuño-, recoñeceu a súa conformidade co proxecto. E é que, lembra o popular, ela sabia que a elaboración do cuestionario de necesidades remitido ao inicio do proceso de revisión do mapa de transporte non era suficiente se despois, unha vez que se deseñan as liñas, dende os concellos non alegan propoñendo as modificacións oportunas, como aconteceu neste caso.

 

Por tanto, se a responsable municipal presentase as alegacións, posiblemente estas serían tidas en conta, abríndose así a posibilidade de mellorar a situación actual, e realmente demostraría que si pensa no interese global dos veciños, como así o fixeron outros concellos e incluso outros compañeiros de Partido, como os rexedores de Alfoz ou O Valadouro, “e agora o facemos nós como grupo da oposición”, conclúe o popular.