Partido Popular de Lugo

Santiago Cubillas agradece que a Xunta reforce o servizo de axuda no fogar en Láncara con 7.000 horas máis

LÁNCARA, 25 de setembro de 2017.- O voceiro do PP en Láncara, Santiago Cubillas agradece publicamente á Xunta de Galicia que reforce o servizo de axuda no fogar neste municipio con 7.017 horas máis ao ano. Deste xeito, o popular pon en valor que se trata dunha ampliación “que mellorará a calidade de vida das persoas que xa reciben esta prestación, así como das súas familias”. E é que este incremento supón tamén un aumento nas horas mensuais, e que ascende a 585.

 

“Todas as actuacións que se poidan levar a cabo no Concello son positivas, pero, sen lugar a dúbidas, investir no benestar daquelas persoas que, por diversas causas, teñen unha mobilidade ou unha autonomía reducida, é unha cuestión de extraordinaria importancia e que cobra máis valor se cabe”, afirma.

 

Por elo, dende o grupo municipal “queremos recoñecer o traballo que está a facer a Xunta de Galicia neste eido. E é que investir nas persoas nunca é un gasto, é unha necesidade”. Non menos importante, subliña o voceiro o popular, é que, grazas a esta iniciativa, o Goberno galego tamén contribúe a crear emprego e a manter os postos de traballo existentes en Láncara ao abeiro da atención á dependencia.

 

Cubillas agradece así a coloboración e “a sensibilidade” do Goberno galego, pois este servizo farase efectivo a partir deste mesmo mes, tal e como indicou recentemente a consellería de Política Social.

 

A iniciativa enmárcase na partida de 2,9 millóns de euros que o departamento autonómico destina a este fin, e que inclúe a prestación de 25.710 horas adicionais mensuais; o que supón que, cada ano, se porá a disposición dos concellos 308.515 horas complementarias no Servizo de Axuda no Fogar.