Partido Popular de Lugo

O PP de Pobra do Brollón advirte que “se o Concello non houbese rexeitado a brigada da Xunta, a extinción do incendio da rotoempacadora sería moito más rápida e os danos materiais serían menores”

POBRA DO BROLLÓN, 28 de xullo de 2017.- O PP de Pobra do Brollón recoñece que “se o Concello non houbese rexeitado a brigada da Xunta, a extinción do incendio da rotoempacadora sería moito más rápida e os danos materiais serían menores”. Os populares lamentan así o suceso acontecido estes días, pois as lapas, que foron sofocadas polos bombeiros, calcinaron o apero agrícola e case afectan ao tractor no que estaba enganchado.

 

“As cousas nunca se valoran ata que pasan. Se o alcalde houbese aceptado o convenio que ofrece o Goberno galego, as consecuencias seguro que serían outras, pois canta máis protección teñamos neste senso, mellor será a seguridade e menores serán o desperfectos”, insisten.

 

Deste xeito, o sucedido vén a confirmar as criticas realizadas polo grupo municipal do Partido Popular a principios deste mes, e coas que amosaban a súa preocupación pola decisión do alcalde de renunciar ao convenio que ofrece a administración autonómica para colaborar na prevención e loita contra os incendios forestais, e que consiste no financiamento e dotación de brigadas ás entidades locais.

 

Máis protección, máis emprego e sen custos para o Concello

Concretamente, o Executivo de Feijóo ofrece dende 2016 aos concellos lucenses a posibilidade de asinar convenios de colaboración en materia de prevención e defensa contra incendios forestais. Como novidade, dende esa data, estes acordos teñen carácter trianual o que permite ás entidades locais realizar unha mellor planificación das actividades preventivas contra os lumes.

 

Estes acordos teñen por finalidade participar na defensa contra os incendios forestais mediante a actuación dos vehículos motobombas; realización de tratamentos preventivos forestais en vías e camiños de titularidade municipal; e contratación do persoal que conformará as brigadas. No caso de Pobra do Brollón, o alcalde declinou a subscrición do mesmo e, en consecuencia, renunciou a todos os servizos indicados que ofrece o convenio, é dicir, puntualizan dende o PP, “dixo que non a todo”.

 

A este respecto, o voceiro popular deste municipio, Fernando Parada, reitera que “non sumarse ao convenio supuxo que perdemos un servizo necesario neste época”. Asemade, ademais desta “indefensión” na que o Goberno municipal “deixou aos veciños”, e que se constata no suceso indicado, a non adhesión tamén supón que se desperdiciou unha oportunidade única para crear emprego en Pobra do Brollón. Concretamente, a entidade local rexeita con esta determinación a posibilidade de que se fagan as contratacións que leva aparelladas o convenio e que, na maioría dos casos, son cinco, correspondentes ao número de efectivos que conforman estas brigadas.

 

E é que, ademais, indica o voceiro do PP, esta decisión non se entende tampouco dende o punto de vista da xestión dos fondos públicos, pois, de cumprirse ao 100% as características do convenio, este non lle supón practicamente ningún custo ás arcas municipais.