POL, 6 de xullo de 2017.- O Partido Popular de Pol lamenta que o Concello declinase non subscribir o convenio que ofrece a Xunta de Galicia para colaborar na prevención e loita contra os incendios forestais, e que consiste no financiamento e dotación de brigadas ás entidades locais. Deste xeito, este Concello súmase á listaxe de municipios gobernados polo Partido Socialista que rexeitaron este servizo co que o Goberno galego tamén permite reducir o paro, atallando así o maior problema que preocupa á cidadanía en xeral. É que a adhesión a esta iniciativa leva consigo ata 6 novas contratacións durante tres meses.
Trátase dunha decisión “cando menos errónea, pois non se entende que deixe pasar esta oportunidade que supón máis seguridade para os veciños, máis protección medioambiental e novos postos de traballo”.
Por este motivo, recoñecen estar “francamente alarmados e asustados” de que o Concello se desentenda así dunha cuestión tan importante coma esta”, pois a Xunta de Galicia puxo a disposición de Pol esta iniciativa que, ademais, sufraga practicamente na súa totalidade se os Concellos cumpren as condicións do convenio.
“Desprotexidos e abandonados”
Para os populares con esta determinación “os veciños quedan desprotexidos e abandonados” r amósanse críticos coa xestión municipal porque outro dos beneficios de que os Concellos se acollan a este convenio é que o servizo que prestan as brigadas é máis pegado ao territorio que, por exemplo,os GES. Estas están máis centradas no municipio e actúan en caso de extinción como unidade de primeira intervención.O acordo de colaboración permite tamén financiar, co apoio da Xunta, os custos de mantemento da motobomba e a realización de desbroces preventivos en terreos municipais o de propietario descoñecido.