Burela, a 17 de maio de 2017.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela asegurou hoxe que “o executado en Arcadio Pardiñas en materia de sinalización horizontal non se corresponde co proxecto de sinalización horizontal de viales públicos a través do que se executou a obra, e que foi aprobado en Xunta de Goberno o un de marzo. Ademáis, a realidade actual derivada desas obras presenta situacións contradictorias que poden ocasionar conflictos entre particulares e a administración municipal”.
Por unha banda os populares aseguran que “no indicado proxecto están contemplados os pasos de peóns á altura da intersección coa Rúa do Río e da Rúa Zeppelin, que á vista está que non se executaron, e que eran empregados por centenares de veciños. Hai que ter en conta que no expediente da Xunta de Goberno indicada non obra ningún informe desfavorable ó proxecto, polo que non entendemos cómo non se executou na súa totalidade; polo tanto, é de supoñer que por parte dos técnicos municipales se faigan os trámites oportunos para que a empresa que executou a obra non cobre o que non fixo”.
Por outra, desde o GMP afirman que “agora mesmo, prodúcense situacións contradictorias. Por exemplo, na zona de O Campón queda un paso de peóns sen rebaixe dos bordillos das beirarrúas, co que non poderá ser usado por discapacitados físicos. E agora resulta que quedan sináis verticáis de zonas de carga e descarga onde se eliminaron as sináis horizontáis, co que, en función do código de circulación, segue sendo zona de carga e descarga”.
Os edís populares din que “por todo esto, non nos sorprende que os veciños e comerciantes esteñan cabreados. O alcalde e o seu edil de Obras están actuando dun xeito dictatorial, sen entrar en razóns, e esgrimindo un informe da Policía Local emitido o día nove deste mes, cando a obra xa estaba rematada e os veciños e comerciantes xa estaban protestando. O correcto sería que o alcalde tivese solicitado tal informe no momento no que se redactaba o proxecto, para que non se dese esta situación tan surrealista”.
“Porque, ademáis, segundo se desprende do propio informe da Policía Local, resulta que algunhas das obras executadas están mal feitas. Qué vai facer agora o alcalde, ignorar o informe da PL, ou modificar a obra executada? De optar por esta opción, quén paga? O alcalde e o edil de Obras, ou Burela?”, inquiren desde o GMP.
Finalmente, os concelleiros populares consideran que “o alcalde e o edil de Obras, que unha vez máis teñen demostrado a súa incompetencia e intolerancia, como únicos responsables políticos deste desaguisado de Arcadio Pardiñas deben dar explicacións convincentes e non escurrir o bulto escudándose en informes”.