Partido Popular de Lugo

O PP de Pobra de Brollón, en resposta á petición dos veciños, solicita á Deputación o arranxo da estrada da Estación a Salcedo e pide unha entrevista co presidente provincial para abordar este asunto

POBRA DE BROLLÓN, 18 de maio de 2017.-O grupo municipal de Pobra de Brollón, a través do seuvoceiro, Fernando Parada, e en resposta á petición dos veciños, vén de remitir un escrito ao presidente da Deputación, co fin de que o organismo provincial acometa o acondicionamento da estrada provincial CP 4710, que vai da Estación a Salcedo. Os populares adoptaron esta decisión logo de que o alcalde “faga caso omiso do que xa é unha demanda reiterada dos cidadáns”, pois esta é unha das vías máis transitadas do municipio, ao dar acceso a un núcleo que ten un elevado interese turístico.

 

“Somos coñecedores de que a Deputaciónxestionamoitos quilómetros, pero esta que lle indico, presenta un estado moi deficitario, supoñendo así un risco para os usarios”, subliña Parada, quen no correo electrónico enviado taménllefixochegar as fotografías que proban a necesidadedunha reparación urxente.

 

E é que esta “arteria de comunicación” presenta numerosas fochancas que dificultan o tránsito polamesma; o que está a ocasionar numerosas queixas. “Son numerosas as peticións que nos chegan da necesidade do seuarranxo. Os veciños están moi cabreados porque, a parte dos malabarismos que teñen que facer cos seus coches para circular, co risco que isto supón para eles, o estado tan deficitario tamén incrementa o custo de mantemento dos sus vehículos”.

 

É por este motivo, polo que o voceiro popular, no escrito remitido esta mesmamañá, solicita unha reunión aodirixente provincial, “ou se o prefire por ser o deputado da área e vicepresidente da institución, co sr. Martínez, para explicarllepormenorizamente esta cuestión e tratar este e outros asuntos que non de especial interese para os veciños de Pobra de Brollón”, conclúe o voceiro popular no correo electrónico esta mesmamañáao presidente da Deputación.