Lugo, 27 de decembro de 2016.- A Deputación de Lugo comprometeuse hoxe en pleno, a iniciativa do Grupo Provincial do Partido Popular, a realizar as xestións oportunas e, polo tanto, actuar e dirixirse ás entidades bancarias para que devolvan de oficio aos consumidores as cantidades indebidamente percibidas en base as cláusulas solo das hipotecas.
A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, explicou que temos “a forza vinculante dunha sentenza do Tribunal de Xustiza da U.E. que establece que a devolución das cantidades aos afectados e afectadas é unha obriga legal” e dende o PP “consideramos necesario que a administración na que temos acta dea un paso ao fronte e se dirixida aos bancos para que devolvan as contías indebidamente percibidas”.
Dende o Grupo Provincial do Partido Popular consideran ademais que se “está ante unha aposta decidida na defensa dos intereses das familias” e argumentan que “a Deputación de Lugo ten mecanismos de diálogo para que as entidades bancarias devolven de oficio as cantidades derivadas das cláusulas solo”. Candia engadiu que “xa houbo antecedentes nesta administración doutras accións centradas en dirixirse ao sector bancario para trasladar as demandas dos usuarios e consumidores”.
Na sesión plenaria, Candia explicou que os populares coñecían de primeira man as demandas de todos e todas as afectadas da provincia, a través dos representantes das asociacións de consumidores que viñan reclamando esta devolución, que hoxe, á vista da senteza, é unha posibilidade real. Así, e popular matizou que “parécenos unha demanda xusta dos consumidores, como así avala a sentenza, e por iso cremos que os bancos deben responder de xeito responsable e cremos que como institución somos os primeiros que temos que dar exemplo e poñernos do lado dos afectados”.
A popular explica que é “a nosa responsabilidade dirixirnos ás entidades bancarias, sendo moi importante a aprobación unánime deste acordo”. “Agradecemos o apoio logrado nesta Deputación e estamos ante un paso máis, neste caso para trasladar as reivindicacións dos veciños, de facer ben o noso traballo na institución na que temos responsabilidade”, dixo Candia.
Por último, dende o PP recordaron tamén en pleno o ofrecemento directo da Xunta de Galicia a través do presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, para que os consumidores afectados podan acudir ao Instituto Galego de Consumo e Competencia sempre que precisen asesoramento, de xeito gratuíto. Para elo teñen á súa disposición sete oficinas na Comunidade, así como un servizo web.