Partido Popular de Lugo

O PP da Mariña reuniu á súa executiva comarcal para valorar os últimos resultados electorais

A Mariña, 11 de novembro de 2016.- O PP da Mariña reuniu esta tarde a súa executiva comarcal para, entre outros asuntos, valorar os últimos resultados electorais tras o 25S.

 

A reunión estivo presidida pola líder provincial, Elena Candia e polo coordinador comarcal e deputado autonómico, Jose Manuel Balseiro que, cómpre lembrar, foi escollido co voto directo dos militantes no último congreso que esta formación política celebrou na Mariña o pasado mes de maio.

 

VENCERON EN TODA A MARIÑA

 

Os populares sinalaron que os resultados acadados na comarca nos últimos comicios galegos superaron con creces as expectativas marcadas e comprometéronse a redobrar esforzos e o seu compromiso cos veciños da Mariña que, ocasión tras ocasión, brindan un apoio maioritario aos populares.

 

De feito, o PP volveu a ser a opción vencedora en todos os concellos da comarca, obtendo máis da metade dos votos e incrementando en máis de 4 puntos o seu respaldo electoral. Os populares acadaron na Mariña –incluso- 1.300 votos máis que as forzas da oposición sumadas.

 

FORTALEZA DO PROXECTO POPULAR

 

Balseiro puxo en valor que a fortaleza do proxecto popular na Mariña mídese ademais nun dato: que o resultado está case tres puntos por riba da media que o PP obtivo no conxunto da provincia de Lugo e oito puntos máis que a media autonómica.

 

O coordinador comarcal explicou tamén que o PP obtivo uns resultados moi superiores ás últimas eleccións xerais e municipais o que lles sirve de incentivo para intentar consolidar este respaldo que suporía obter maiorías absolutas en todos os concellos onde hoxe non gobernan.

 

RETO: CONSOLIDAR O APOIO NAS MUNICIPAIS

 

A executiva comarcal marcouse como reto de futuro consolidar este apoio, entorno aos 20.000 votos, para o que analizaran concello por concello a estratexia a seguir pensando en futuras citas coas urnas, en especial, as municipais.

 

A MARIÑA PRESENTE NA AXENDA DAS INSTITUCIÓNS

 

O coordinador dos populares da Mariña tamén explicou que a Executiva, xunto coas distintas agrupacións locais, alcaldes e portavoces, traballan en distintas iniciativas que a nivel comarcal ou local poidan ir impulsando ante as distintas administracións e que irán dando a coñecer progresivamente.

 

Balseiro marcouse como obxectivo, tal e como aconteceu na pasada lexislatura, que A Mariña estea sempre presente na axenda das distintas institucións e gobernos: do Parlamento de Galicia, da Xunta e noutros espazos como as Cortes Xerais e a Deputación de Lugo.