O Grupo Provincial do PP urxe á Deputación de Lugo a definir a actuación que vai acometer no Río Ladra, que une as parroquias de Uriz e Gaioso, nos Concellos de Begonte e Outeiro de Rei, despois de que o tramo fora cortado ao tráfico o pasado cinco de abril sen que desde entón se teña actuado sobre a vía.
Os deputados e alcaldes dos respectivos Concellos, José Ulla Rocha e José Pardo Lombao, pídenlle á institución provincial que explique se o problema está identificado e se xa saben que actuación van a levar a cabo para corrixir a situación da ponte. Tamén queren saber cando se van executar as obras e a previsión sobre a reapertura da vía ante o “enorme prexuízo que está a causar aos veciños e veciñas”.
Ambos os deputados explican que a vía ten gretas no firme e problemas nos seus piares que impiden o paso dos vehículos, así como outros problemas na estrutura que fan que a ponte presenta un perigo de afundimento claro. Ademais, a maleza cobro case por completo a pedra coa que está feita a ponte o que trae consigo un estado de abandono que debera ser reparado.
Os deputados do Grupo Provincial do PP realizaron unha visita á ponte para coñecer o seu estado e comprobar que a Deputación, pese a anunciar o inicio dunhas obras, non ten feito nada. É por iso polo que esixen unha intervención inmediata que arranxe os desperfectos que presenta a vía.