Partido Popular de Lugo

O GRUPO POPULAR PROPÓN A FERNANDO CARLOS RODRIGUEZ PÉREZ E JUAN MANUEL JIMÉNEZ MORÁN PARA SENADORES EN REPRESENTACIÓN DA COMUNIDADE GALEGA

Santiago, 22 de decembro de 2015.- O Grupo Popular rexistrou esta tarde a súa proposta para designar senadores en representación da Comunidade galega a Juan Manuel Jiménez Morán e Fernando Carlos Rodríguez Pérez.

 

Natural de Verín (Ourense), Juan Manuel Jiménez Morán é axudante técnico sanitario e diplomado universitario en Enfermería. É concelleiro en Verín desde o ano 1983 e alcalde deste concello ourensán en dúas etapas: desde 1995 ata abril de 2004 e desde xuño de 2007 ata 2015. Tamén foi senador en representación da Comunidade galega desde 2011 ata a actualidade.

 

Jiménez Morán é membro do Comité Executivo do Partido Popular de Galicia. Formou parte do Consello de Administración da Compañía de Radio Televisión de Galicia desde xullo de 1994 ata 2011.

 

FERNANDO CARLOS RODRÍGUEZ

 

Pola súa banda, Fernando Carlos Rodríguez Pérez é natural de Bóveda (Lugo). Farmacéutico de profesión, foi concelleiro en Bóveda de 1979 a 1999; alcalde deste concello de 1984 a 1985; concelleiro en Sarria de 1999 a 2003; deputado provincial na Deputación de Lugo entre 1979 e 1991; deputado no Parlamento de Galicia de 1985 a 1999; e senador electo por Lugo de 2000 a 2008.

 

Rodríguez Pérez é na actualidade membro do Comité Executivo do Partido Popular de Galicia e presidente do Comité Electoral do PPdeG. Foi presidente e fundador da Asociación Grupo Local de Desenvolvemento Rural Río Lor desde 1991 a 1995, encargada de levar adiante o Plan Caurel.