Partido Popular de Lugo

LUGO É A QUINTA PROVINCIA ESPAÑOLA CON MAIOR PORCENTAXE DE APOIO AO PARTIDO POPULAR

Lugo, 23 de decembro de 2015.- O presidente do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Barreiro, dixo que os senadores e deputados electos polo Partido Popular póñense, desde este mesmo momento, ao servizo da provincia na súa condición de representantes directos da cidadanía lucense nas novas Cámaras que, previsiblemente, se constituirán o vindeiro 13 de xaneiro.

7.631 SUFRAXIOS MÁIS QUE NAS MUNICIPALES

Barreiro quixo agradecer o apoio das 85.810 veciñas e veciños da provincia que votaron a candidatura popular, unha cifra que suma 7.631 sufraxios máis que a acadada polo PP nas eleccións locais celebradas fai sete meses, e indicou que darán resposta á confianza recibida traballando pola estabilidade e gobernabilidade de España.

Como dato salientable Barreiro indicou que Lugo é a quinta provincia española con maior porcentaxe de apoio ao Partido Popular, só superada por Ávila, Ourense, e practicamente cos mesmos resultados que Salamanca e Zamora, aínda que estas catro provinciais rexistraron unha baixada en votos máis relevante.

Os populares obtiveron ademais o 42,5% dos sufraxios, un respaldo superior en cinco puntos á media que esta formación política acadou en Galicia e en trece puntos maior que a media estatal.

Barreiro volveu a liembrar que a evolución con respecto ao principal partido da oposición é tamén diverxente, xa que logo, o PP acadou o domingo 7.631 votos máis que nas eleccións locais celebradas fai sete meses, mentres que o PSOE perdeu 17.588 sufraxios

Outro dos datos salientados por Barreiro foi o feito de que o PP de Lugo venceu no 91% dos municipios lucenses, isto é, en 61 dos 67 concellos da nosa provincia. Os populares venceron en moitos deles, a pesar de ter alcaldes doutra cor política incluído o da Pontenova, rexido polo Presidente da Deputación. Situación similar aconteceu en municipios como Monforte, Sarria, Viveiro ou Ribadeo, entre outros.

COMITÉ EXECUTIVO PROVINCIAL

Barreiro adiantou que o Partido Popular analizará os resultados electorais máis polo miúdo, para o que ten convocado un Comité Executivo Provincial o vindeiro luns–día 28– superadas as datas festivas. Nel estudarán as cifras e os aspectos que podan ser mellorados para incrementar apoios, aplicando unha visión construtiva.

O dirixente popular rematou indicando que a fortaleza do PP de Lugo vén demostrada tamén desde o momento en que acada 18,53 puntos máis que o PSOE, 23,21 puntos máis que a colación En Marea, 34,91 puntos máis que Cidadáns e 38,91 puntos máis que Nós, a marca electoral do BNG, todo isto, nunha provincia na que o PSOE perdeu máis da metade dos seus votos desde 2008.