Partido Popular de Lugo

O Grupo Provincial do PP responsabiliza a un bipartito “descabezado e irresponsable” de non ter aprobado aínda os Presupostos para 2016

O Grupo Provincial do PP responsabiliza ao bipartito que goberna na Deputación de Lugo, ao que tilda de “descabezado e irresponsable”, de non ter aprobado aínda os Presupostos para 2016.

Os populares lamentan ademais que a de Lugo sexa a única institución provincial galega na que aínda non se aprobaron os Orzamentos, “unha nova mostra de que os deputados socialistas e do BNG seguen máis preocupados polas súas liortas de poder internas que por defender os intereses dos lucenses e poñerse a traballar”, explica o deputado do PP.

Incumprimento dos prazos

O PP recorda que o Presuposto debía ser remitido informado pola Intervención ao pleno da corporación antes do día 15 de outubro para a súa aprobación, emenda ou devolución. Tras a exposición ao público a aprobación definitiva tiña que ter sido antes do 31 de decembro.

“Aínda que a aprobación inicial poida facerse o día 29 no Pleno ordinario da Deputación xa estaríamos fóra do prazo que marca a Lei reguladora das Facendas Locais”, conclúe a voceira.