Partido Popular de Lugo

Rodríguez Arias: “O benestar dos nosos veciños continuará sendo a nosa prioridade”

Xermade 18 de maio de 2015.- Os populares lucenses pecharon en Xermade a maratoniana xornada de actos deste luns. Na casa da cultura deste Concello chairego, o Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde e o secretario xeral do PPdeLugo, José Manuel Balseiro, arrouparon ao candidato popular nun mitin que contou cunha alta participación.

Francisco Conde, respaldou ao candidato popular, sinalando que tres maiorías absolutas consecutivas son proba de que os xermadenses saben da súa seriedade, da súa eficacia, e do seu compromiso cos veciños.

Neste sentido, o conselleiro apuntou como mostra do compromiso de Tomás Rodríguez e o PPdeG con Xermade a aposta pola chegada de novas empresas, as rebaixas dun 50% no prezo do solo do polígono, e a posta en marcha do novo acceso a este desde a autovía, que pronto terá luz verde definitiva.

Do mesmo xeito, lembrou o pulo da Xunta ás enerxías renovables de Xermade, concello recoñecido hai dous anos co premio Eolo, e a importancia do parque experimental de Sotavento, que cualificou de verdadeira referencia mundial, sinalando que se está a traballar para poñer en marcha novos proxectos de innovación. No eido enerxético, sinalou así mesmo a Estratexia de Impulso da Biomasa que ten en marcha o Goberno galego como unha oportunidade aberta para o municipio.

Foi o secretario xeral dos populares lucenses, José Manuel Balseiro o encargado de poñer en valor o compromiso da Xunta de Galicia con Xermade, que investiu en seis anos 21 veces máis co Ente Provincial. “Mentres o Executivo de Feijoo achegou a Xermade 20 millóns de euros, o Señor Besteiro destinou 935 mil euros”- comparou.

Pechou o acto, o candidato popular, Tomás Rodríguez Arias, quen iniciou a súa intervención facendo balance desta lexislatura e salientando o traballo e o esforzo levado a cabo polo seu equipo en materia de servizos sociais.

“A proba desta gran labor non a digo eu,  senón que a din os resultados e os datos, que sitúan ao noso Concello no segundo de Galicia que máis recursos destina neste área”.- sentenciou o popular, quen manifestou que gracias aos populares o Concello disfruta a día de hoxe dun bo nivel de servizos e infraestructuras públicas, que repercuten nun maior benestar e na calidade de vida de tódolos veciños

Manifestou o popular que o benestar dos veciños de Xermade continuará sendo unha prioridade para os populares, polo que seguirán priorizando unha atención íntegra para os máis necesitados e unha cobertura total no programa de Axuda no Fogar.

 “Seguiremos traballando para que Xermade sexa un lugar do que todos nos sintamos orgullosos”
 
Rodríguez Arias adiantou que os populares seguirán traballando para que todos os pobos estean ben comunicados e fomentarán o deporte e o turismo cultural e de aventura, a través das andainas, das competicións deportivas e da axuda aos equipos federados do Concello.

Asemade, os populares promoverán plans de rehabilitación de vivendas rurais e seguirán apoiando o parque experimental de Sotavento e as enerxías renovables; continuando, a maiores, coas políticas do fomento do emprego, a través de Obradoiros, programas de Formación Dual e para favorecer aos perceptores do RISGA