Máis presenza de representantes do Goberno Autonómico na comarca de A Mariña. Se o presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, ten na súa axenda varios días reservados para asistir a actos nesta zona, os demais membros do seu goberno tamén fixeron oco para acudir ao norte da provincia de Lugo nesta campaña electoral.
Será, o que foi elixido máximo responsable de Educación e Cultura , Román Rodríguez o convidado de honra para o vindeiro venres, día 15 de maio, en dous concellos mariñáns.
A primeira parada de Rodríguez será en Barreiros. Ás 20:00 horas, no restaurante Asador intervirá nun mitin xunto co secretario xeral do PPdeLugo, José Manuel Balseiro e o alcaldable, Alfonso Fuente Parga.
Trala celebración deste, asistirá a Cervo para participar noutro mitin e arroupar ao candidato, Alfonso Villares. Serás ás 21:30 no salón de plenos da Casa do Concello. Tamén intervirá en dito acto, o número dous dos populares lucenses, José Manuel Balseiro Orol.