Partido Popular de Lugo

Ana Pastor arroupará a Miguel Cela nun mitin en Becerreá

Lugo, 11 de maio de 2015.- A Montaña lucense, concretamente, o Concello de Becerreá, será o vindeiro domingo, día 17 de maio, o punto de encontro de varios dirixentes populares.

Ana Pastor, Alfonso Rueda, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro, e demais representantes políticos da zona, arrouparán ao candidato do PP á alcaldía, Miguel Cela, nun mitin que terá lugar ás 11:00 horas, no complexo hoteleiro Rivera.

Un mitin que se enmarca dentro da multitude de actos que os populares están levando a cabo nesta campaña electoral, coa idea de chegar a cantos máis sitios mellor e unha aposta clara por este concello de A Montaña lucense.