As Nogais, 13 de maio de 2015.- O titular de economía e Industria, Francisco Conde e o secretario xeral do PP de Lugo, arrouparon esta tarde ao candidato popular a alcaldía de As Nogais, Jesús Manuel Núñez.
Nun mitin celebrado na casa da cultura da localidade, o número dous dos populares lucenses , José Manuel Balseiro, manifestou que a diferenza dos socialistas, que dotan a Montaña lucense de débedas e fume, os populares traen inversións e propostas.
O popular ve lamentable que Besteiro presuma de servizos sociais cando lle debe aos veciños desta comarca entorno a un millón de euros no tocante a esta área. “Está a rirse dos veciños”- criticou Balseiro quen manifestou que si se mantén o servizo é grazas aos esforzos de usuarios, Concellos e Xunta.
O número dous dos populares lucenses acusou á Deputación de Lugo de ser o campión dos recortes, pois adebeda en torno a un millón de euros aos concellos da Montaña lucense tras negarse a financiar o servizo de axuda no fogar que tanto a lei como a xustiza lle reclaman
Neste senso e como dato da falta de compromiso da Deputación co concello das Nogais, Balseiro revelou que a Xunta de Galicia investiu neste municipio 14 veces máis ca Deputación (12,6 millóns de euros a Xunta de Galicia e 895.474 euros o goberno provincial). Así, en tan só seis meses o goberno galego destinou máis ás Nogais ca Deputación en seis anos.
Así as cousas, o popular situou aos rexedores de As Nogais, Baralla e Baleira como exemplos de bo goberno e de renovado esforzo polos intereses dos seus veciños e insistiu en que só o PP é garantía de gobernos capaces de facer que a Montaña lucense progreso.
Pola súa banda o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, pediu a reelección de Jesús Núñez como alcalde, ao que atribuíu o xiro “de limpeza, de transparencia, de impulso a economía, e de protección do medio ambiente” que o municipio vive desde fai catro anos e “que fan del o símbolo do futuro sólido que merece este concello, atraendo investimentos e xerando empregos, e conseguindo que a taxa de paro en As Nogais sexa a metade da española”.
Conde resaltou, en clave de futuro, o potencial de As Nogais na nova industria de biomasa que está a nacer co apoio da Xunta, que mobilizará 250 millóns neste eido ata 2020, e subliñou o compromiso de Núñez con facer de As Nogais un referente deste sector.
Pechou o acto o candidato popular, quen agradeceu a todos a presenza no acto e comprometeuse a seguir na liña emprendida nestes catro anos. “Atender ás peticións dos meus veciños, as súas demandas e traen todo o mellor para o meu pobo”- concluíu.