Pol, 6 de maio de 2016.- A presidenta e voceira do PP de Pol, María Ángeles Lenza, informou hoxe que o Goberno galego ven de conceder ao Concello de Pol un remolque de emerxencias.
A popular explicou que esta maquinaria conta cun equipo de iluminación, achique, motoserra, motorrozadora, kit de sinalización e grupo electróxeno.
Lenza López salientou que este remolque permitirá dotar ao Concello de Pol dos medios materiais necesarios para ofrecer un mellor servizo e tamén para cubrir as necesidades, tendo tamén un mellor equipamento para emerxencias.
Concluíu a presidenta dos populares agradecendo ao Goberno Galego o seu compromiso e a súa aposta por este municipio lucense.