Xermade, 16 de abril de 2015.- O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro presentou hoxe de xeito oficial a candidatura coa que os populares de Xermade concorren ás eleccións municipais do vindeiro 24 de maio.
As 21:30 da noite, na Casa Tino de Momán e cunha alta representación de políticos lucenses, entre os que se atopaba o secretario xeral do PPdeLugo, José Manuel Balseiro, o presidente provincial, fixo un balance destes case catro anos que transcorreron dende as pasadas eleccións municipais.
“Foron catro anos intensos nos que vivimos uns comicios nacionais, autonómicos e europeos e onde os cidadáns depositaron a confianza nos executivos populares, elixindo que fose un Goberno Popular quen os representase, tanto en España como en Galicia”- manifestou Barreiro quen se mostrou confiado en que nestas municipais acontecerá o mesmo e os cidadáns quererán que os represente un rexedor popular.
José Manuel Barreiro recoñeceu que foron anos difíciles debido á situación económica vivida pero insistiu en que gracias as medidas acometidas por Mariano Rajoy e ao esforzo de todos, estamos na senda do crecemento económico.
Pola súa banda, o número un da lista popular e actual alcalde, Tomás Rodríguez Arias, comezou a súa intervención agradecendo o traballo de todo o seu Equipo nesta lexislatura e deu a benvida ás novas incorporacións que son Isabel Campello, Pablo Rochela, David Balsa e Ramón Otero. Con respecto ás persoas saíntes, deixou claro que non abandonan o partido, senón que se van por circunstancias persoais pero que seguirán traballando e colaborando coa agrupación local.
Rodríguez Arias explicou que estes catro anos foron especialmente difíciles por dous motivos: polo contexto económico do país e pola discriminación que fai aos concellos populares o Ente Provincial.
“A Deputación de Lugo leva gobernada 8 anos polo BNG e PSOE, cun sectarismo impensable nun país democrático”- denunciou o popular, quen insistiu en que é necesario desbancar ao bipartito provincial do Organismo debido a nula e nefasta maneira de actuar.
Con datos na man e para ratificar a discriminación que fai a Deputación de Lugo aos municipios gobernados polo PP, Tomás Rodríguez Arias, citou exemplos sobre diferentes temáticas.
Lembrou que en Servizos Sociais existe unha sentenza que obriga á Deputación de Lugo a pagar estes servizos, “de todos e para todos” a concellos de menos de 20.000 habitantes. O problema, denunciou o popular é que incumpre, xa que o concello pon 70.000 €, mentres que a Deputación 24.000 €; e por riba “presumen de que inverten en servizos sociais”.
Con respecto a obras, o rexedor antepuxo a súa situación coa de municipios veciños e puxo de exemplo o Concello de Monfero. Explicou que Xermade recibiu 15.000 € anuais para bachear, contía que comparou coa da localidade coruñesa de Monfero, quen recibe todos os anos da Deputación de A Coruña, 400.000 € (aparte das axudas que lle outorga o Goberno Galego).
Rodríguez Arias manifestou de que todo o anunciado en Xermade por Gómez Besteiro é falso. “Para a estrada Momán-As Pontes, falábase de 650.000 € pero chegou a Deputación e baixou a contía a 250.000 €”- denunciou e “agora din que están á espera da autorización do Concello para comezar as obras; outra mentira máis” criticou. Explicou Rodríguez Arias, que o concello está á espera da solicitude oficial para darlle trámite. “Non somos nós, non é o concello quen vai poñer trabas a esta obra”- aclarou o popular.
O popular explicou que estes son algúns exemplos da nula axuda da Deputación de Lugo pero malia a iso, dixo, “fomos capaces de manter os servizos básicos, incluso de incrementalos, pois estamos en 2º lugar de gasto en servizos sociais na provincia de Lugo e podemos gabarnos de ter as infraestruturas municipais razoablemente coidadas, gracias á Xunta de Galicia”- sentenciou.
Rodríguez Arias explicou que as axudas do Goberno Galego foron fundamentais para manter os servizos en xeral, tales como: o arranxo de pistas, beirarrúas, desbroces, emprego cos obradoiros, cuadrilla de incendios, persoal do RISGA (estes días concederon tres persoas). Todo isto, dixo, supón preto de 1 millón de euros en axudas, sen contar coa dependencia; que son 1,2 millóns de euros máis.
Rematou o candidato e actual rexedor instando aos presentes a explicar aos cidadáns a verdade de como funcionan os socialistas e nacionalistas cando chegan a gobernar calquera institución e pediulles que depositen a súa confianza no equipo popular.
CANDIDATURA PP XERMADE
Tomás Rodríguez Arias
Antonio Riveira Requeijo
Isabel Campello Ares
Mario Felix García Prieto
José Luis Otero Paz
Luis Pena Carballo
Pablo Rochela Iglesias
Francisco López Pena
María Pilar Castro Baamonde
David Balsa Rochela
Manuel Prieto Bello
SUPLENTES
Ramón Eugenio Otero Otero
Andrés Ares Ameijide
Laureano De Bernardo Paz
José Gato Galego
Alberto Pena Criado
Antonio Currás Paz