Lugo, 15 de abril de 2015.- A voceira do Grupo Provincial Popular, Elena Candia e o presidente do PP de Ribadeo e candidato popular á alcaldía, Jesús López Penabad, deixaron en evidencia esta mañá ao Organismo Provincial e revelaron, con datos enriba da mesa, que o Goberno de Alberto Núñez Feijoo investiu preto de 20 veces máis neste concello mariñán co de Gómez Besteiro .
Candia explicou que dende o PP déronse a coñecer, cifra por cifra, as inversións achegadas a Ribadeo polo Goberno Autonómico nos últimos seis anos. Esta cifra chega case aos 66M€, resultando ser o Executivo Galego o que maior esforzo inversor realiza neste concello de A Mariña.
Así as cousas, e vendo que esta cifra revela unha significativa diferenza fronte á da Deputación de Lugo, ambos populares retaron a Suárez Barcia e aos responsables provinciais a explicar, cifra por cifra, tal e coma fixeron eles, os recursos mobilizados pola Deputación de Lugo en beneficio de Ribadeo posto que a día de hoxe non o fixeron.
“A rutina emprendida por estes é presumir e vender cada pouco tempo as mesmas achegas sen levar a cabo novos compromisos”- denunciaron
Pola súas banda o presidente do PP local e candidato á alcaldía manifestou que as políticas populares caracterízanse por máis feitos e menos anuncios e retou a Suárez Barcia a deixar a un lado o vitimismo e as críticas coa Xunta e aplicar a mesma belixerancia coa Deputación de Lugo, que é a única que discrimina a Ribadeo.
A Xunta de Galicia é a Administración que máis apostou por Ribadeo
Os populares insisten en que a Xunta investiu preto de 20 veces máis no concello de Ribadeo ca Deputación de Lugo, lembrando que esta segunda investiu nos últimos seis anos un total de 19.8 M€ na comarca, tanto en achegas directas como en partidas xenéricas territorializadas. “Son, polo tanto, 62, 5 millóns menos que os achegados pola Xunta de Galicia”.
A voceira dos populares asegurou que “probablemente os membros do Organismo Provincial sexan expertos en propaganda, pero fai moito tempo que os veciños reclaman máis que simple propaganda”. “Non hai un investimento planificado por parte da Deputación, nin hai unhas prioridades establecidas é isto os veciños débeno coñecer”.
Logo de coñecer estes datos, Jesús López Penabad asegura que Suárez Barcia non ten razóns para presumir e ten moito que explicar, ante a discriminación da Deputación co municipio e sinala que “a falta de compromiso do Ente Provincial é o resultado dunha incapacidade manifesta da rexedor nacionalista para xestionar e para acadar compromisos para a localidade.