Partido Popular de Lugo

Barreiro tilda de continuista a candidatura do PP de Alfoz e salienta a incorporación de mozos na lista

Alfoz, 17 de abril de 2015.- O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro levou a cabo este venres outra intensa xornada  en clave electoral en A Mariña. Se a fin de semana pasada presentaba numerosas candidaturas nesta comarca, hoxe foi o turno doutras tres. Foi en Alfoz onde puxo o punto e final a este día.

Na Finca Galea, e ante veciños, simpatizantes, alcaldes, portavoces e demais representantes políticos da comarca, o presidente provincial eloxiou á candidatura que lidera o actual rexedor, Emilio Lousas e puxo en valor todo o traballo levado a cabo por este equipo ao longo de todos estes anos.

“Estamos falando dun equipo formado por persoas serias, traballadoras e honestas”- sentenciou Barreiro, quen definiu a candidatura de continuista e valorou a incorporación de persoas novas.

Pola súa banda, o candidato e actual alcalde, Emilio Lousas, agradeceu á dirección provincial a confianza depositada na súa persoa para volver a encabezar a lista popular e puxo en valor ao seu equipo.

“O PP de Alfoz é un equipo formado por persoas serias, honestas e traballadoras. Estamos coordinados e remamos na mesma dirección. En conxunto dialogamos sobre as aportacións, propostas e ideas de todos”- recalcou Lousas, quen insistiu en que de no existir tal sintonía,  os feitos non acadarían un bo resultado.

O popular explicou que malia a ser unha candidatura continuista, incorporáronse de suplementes a mozos e mozas co obxectivo de que o partido siga vivo, para aportar frescura,  en definitiva, “para contribuír a que a agrupación local sexa a Savia da xente nova”.

CANDIDATURA PP ALFOZ

Está formada por 16 persoas e conta con 7 suplementes

Emilio Lousas Muiña
Juan José Fraga Paz
María Pilar Rivas Fraga
Constantino Paleo Rejes
José Vázquez Peino
Cándido Valeriano Yáñez González
Mónica Gil Basanta
Judit Casabella Pardeiro
Fernando Rico Val

SUPLEMENTES

Silvia Pais Fanego
Susana Fanego Montero
Iván Fernández Pernas
Daniel Rejes Trobo
Pastor Blanco Hermida
Marco Vázquez López
Jesús Paz Pumares