Lugo 4 de febreiro de 2015.- O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, anunciou esta mañá que o actual rexedor de Abadín, José María López Rancaño, repite como candidato do PP á alcaldía deste municipio.
É a novena vez que este empresario vai de número un na lista dos populares para concorrer a uns comicios electorais municipais. Conseguiu durante oito lexislaturas maiorías absolutas logrando nalgunha ocasión o 83% dos votos.
López Rancaño naceu en A Pontenova o 17 de xullo de 1951. Está casado e ten unha filla. Foi deputado provincial en tres lexislaturas. É empresario e exerce de alcalde dende o ano 1983.