Lugo 3 de febreiro de 2015.- A dirección do Partido Popular na provincia de Lugo que preside José Manuel Barreiro anuncia que Manuel López Armesto será o candidato popular á alcaldía de Samos nas próximas eleccións municipais, previstas para o mes de maio.
BIOGRAFÍA E TRAXECTORIA POLÍTICA
Nado en Soñide, Samos, o 4 de marzo de 1957, López Armesto está casado e ten dous fillos. Actualmente rexenta unha explotación familiar agrogandeira en dito municipio.
A súa andaina na política local iníciase no ano 1987 como edil; tarefa que exerce ata o ano 1991. En 2003 retoma esta labor desempeñándoa ata o 2007.