Partido Popular de Lugo

Tomás Rodríguez Arias repite como candidato do PP en Xermade

Lugo, 2 de febreiro 2015.- Alcalde dende o ano 2003, Tomás Rodríguez Arias (Vigo, 1952), encabezará por cuarta vez a candidatura do PP á alcaldía de Xermade para as eleccións municipais que se celebrarán o vindeiro mes de maio.

Anunciouno esta mañá o presidente provincial, José Manuel Barreiro, quen salientou a labor deste alcalde que dende o ano 2003 recolle nas urnas o froito do seu traballo: maiorías absolutas.

Pola súa banda, o candidato e actual rexedor manifestou que seguirá na liña emprendida dende o primeiro momento que logrou o bastón de mando: traballar con todos e para todos.

TRAXECTORIA POLÍTICA

Tomás Rodríguez Arias, naceu en Vigo o 26 de outubro de 1952. É empresario, está casado e ten tres fillos. Conta con experiencia no eido político posto que leva doce anos exercendo de rexedor. Ademais de alcalde, é deputado provincial.