Lugo 29 de xaneiro de 2015.- O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, anunciou esta mañá que o actual rexedor de Palas de Rei, Pablo Taboada Camoira, repetirá como candidato á alcaldía deste municipio.
Barreiro puxo en valor a boa sintonía do alcaldable con tódalas administracións e sectores, que “lle permiten lograr grandes proxectos para este municipio da Ulloa” e manifestou que na persoa de Pablo reúnense requisitos claves para estar en política: “traballo e constancia”.
Por outra banda, o actual rexedor e candidato, comprometeuse a seguir na liña emprendida ata o momento, ofrecendo un equipo gañador que sabe estar ao carón das necesidades dos seus veciños e actuando cunha xestión próxima, en total colaboración e apoio doutras administracións como a Xunta de Galicia ou o Goberno central que fan posible actuacións moi importantes.
BIOGRAFÍA E TRAXECTORIA POLÍTICA
Pablo Taboada (Palas de Rei, 1971), diplomado en Empresariais pola Universidade de A Coruña e funcionario do concello de Palas de Rei dende 1994 onde foi policía municipal, conta con experiencia no eido político local. Ocupou durante anos a acta de edil, sendo a maiores, entre os anos 2007 e 2011, o tenente de alcalde. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura popular á alcaldía de Palas de Rei e foi elixido alcalde con maioría absoluta. É presidente do PP de Palas dende setembro de 2013 e no Comité Executivo provincial é o coordinador de acción exterior.