Lugo, 30 de xaneiro de 2015.- O Comité Electoral Provincial do PP de Lugo, trala reunión mantida esta tarde na sede provincial, decidiu informar favorablemente ao Comité Electoral Rexional da proposta recibida do Comité Electoral de Lugo, na que se propón a Jaime Castiñeira Broz como candidato do Partido Popular á alcaldía da cidade para as próximas eleccións municipais.
A continuación trasladará esta información ao Comité Electoral Rexional para que valore esta decisión e a faga chegar ao Comité Electoral Nacional.
JAIME CASTIÑEIRA. CANDIDATO DO PP LUGO
Jaime Castiñeira (Sisoi, Cospeito, 1957). Enxeñeiro de Edificación e Arquitecto Técnico do Ministerio de Economía e Facenda é Deputado autonómico dende 2005. Dende decembro de 2009 é presidente da Xunta Local do PP no concello de Lugo. Foi candidato á alcaldía de Lugo en 2011, quedando a só 400 votos de acadar a maioría absoluta na primeira vez á fronte dunha candidatura. No Parlamento de Galicia ocupou a portavocía de Medio Ambiente entre os anos 2005 e 2009 e a de Vivenda dende o ano 2009. Asemade presidiu a comisión especial para a redacción dunha nova Lei do Solo de Galicia. Tamén preside a Comisión de Asuntos Europeos no Parlamento de Galicia dende o ano 2009 ata a actualidade.