Partido Popular de Lugo

Francisco Balado volverá a encabezar a candidatura do PP en Castro de Rei

Lugo 28 de xaneiro de 2015.- O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro anunciou esta mañá que Francisco Balado volverá a encabezar a candidatura dos populares en Castro de Rei.

Barreiro puxo en valor a xestión levada a cabo polo actual alcalde e candidato e sinalou que, a pesar dun contexto económico difícil, Francisco Balado logrou acadar unha mellora efectiva da vila e da calidade de vida dos veciños, que sempre foron e deben seguir sendo a súa máxima prioridade.

O presidente provincial sinalou tamén que o candidato acumula unha ampla experiencia de servizo público e definiu ao candidato como unha persoa moi traballadora, responsable e seria. Dixo tamén,  que os populares tiveron claro que debía repetir porque é unha persoa totalmente entregada ao seu traballo.

Avogado de profesión, Francisco Balado  (Castro de Rei, 1974), entrou na corporación municipal no ano 2007 sendo edil e voceiro popular ata o 2011. Naqueles anos, o PP foi a lista máis votada pero a falta de maioría absoluta privouno do goberno local.No ano 2011 logrou a ampla maioría e polo tanto, a alcaldía. Balado compaxina a súa tarefa de alcalde coa de deputado provincial e mantén o seu bufete de avogado.