Ribadeo 26 de novembro de 2014.- O presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, instou hoxe ao rexedor, Fernando Suárez Barcia, a que deixe de dar ordes e de poñer deberes aos demais cando ten moito que arranxar no seu ámbito.
Refírese o popular ás declaracións verquidas no día de onte, onde o rexedor, pediu a diferentes Organismos actuacións cando él mesmo non as ten solventadas.
Penabad criticou que as cunetas e taxeas de Ribadeo permanecen tupidas debido a falta de limpeza, algo que é competencia do Equipo de Goberno local, e foi por iso que o pasado domingo incentiváronse as riadas.
O popular denuncia o abandono no medio rural por parte do rexedor, lembra que dende 2010 as actuacións do rexedor nesta zona foron cero e lembra que no lugar de Garitos foi xustamente un tubo tupido o causante da formación dunha balsa de auga o que deu lugar a riada.