Partido Popular de Lugo

PP e BNG tumban os Orzamentos de Becerreá

Becerreá 27 de novembro de 2014.- O Partido Popular e o BNG tumbaron esta tarde os Orzamentos de Becerreá para o ano 2015. Cos seis votos en contra de populares e nacionalistas e con cinco a favor dos socialistas, as contas de Martínez para o vindeiro ano quedan rexeitadas.

Os populares tildaron os orzamentos de ficticios e aseguraron que neles non hai inversión real nin se garante o futuro do Concello.

O PP puxo en dúbida os argumentos de Manuel Martínez, quen manifestou que  recada máis de 900 mil euros vía impostos e presumiu  de ter o concello saneado e con superávit; de ser así, os populares preguntáronlle por que no destina ese superávit en bonificacións para emprendedores e rebaixas fiscais para garantir o futuro e benestar do municipio.

Conclúen os populares criticando a maneira de proceder de Martínez, que malia a estar gobernando en minoría, non tivo en conta ás demáis forzas políticas para elaborar conxuntamente as contas.