Partido Popular de Lugo

O GPP asegura que a comparecencia de Besteiro sobre o rexistro da Deputación é “mais propia do franquismo que dunha democracia”

Lugo 25 de novembro de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular definiu hoxe a comparecencia de Besteiro para dar explicacións sobre a intervención e rexistro xudicial da Deputación Lugo como “máis propia do franquismo que dunha democracia”.

Así o aseguraron os populares tras denunciar que o presidente provincial parapetouse tras o Regulamento para calar á oposición, e impedir que desde o GPP puideran facer uso da súa quenda de palabra.

Besteiro valeuse dunha argucia para silenciar á oposción que non tivo oportunidade de intervenir. Así explicaron desde o GPP que si ben é certo que o Regulamento do Pleno non inclúe turno de palabra nas comparencias, o feito de que considerase acumulada a moción do GPP na que demandaban estas explicacións, impediu que os grupos políticos formulasen as súas valoracións ou preguntas.

Os populares insisten en que o mesmo señor -en referencia a Besteiro- que presume de transparencia, non deu a palabra aos voceiros dos grupos da oposición, un feito inaudito en calquera institución democrática en España. Lembran tamén que o presidente, na súa condición de moderador, ten a oportunidade de ordenar o debate e facilitar, a intervención de todas as forzas políticas, pero para iso hai que querer, cando en realidade non ten vontade de facelo.

Finalmente, os populares explican que quedaron moi insatisfeitos coa intervención de Besteiro na que o presidente deu mostra de gran nerviosismo e na que non se nos aclarou nada. Sinalan tamén que o que iba a ser unha comparencia quedou en pouco menos que unha rolda de prensa ou incluso menos, pois nas rolda de prensa os xornalistas teñen posibilidade de formular preguntas