Partido Popular de Lugo

O PP di que os investimentos da Xunta en Becerreá evidencian o vitimismo de Martínez

Becerreá 21 de outubro de 2014.- A voceira do PP en Becerreá, María Jesús Roldán, afirmou esta mañá que as inversións da Xunta en Galicia deixan en evidencia a matutina do rexedor da localidade, quen día tras día, está queixándose de que a Xunta de Galicia non ten en conta este municipio.

Roldán Rodríguez explicou que a praza do concello estase acondicionando parcialmente gracias ao investimento da Xunta de Galicia, concretamente da Consellería de Economía e Industria.

Resaltou a popular que o departamento que dirixe Francisco Conde investiu 30.000 euros en Becerreá para o desenvolvemento de obras de acondicionamento, algo que evidencia o vitimismo do Señor Martínez.

A voceira do PP informou que esta subvención enmárcase dentro das dirixidas aos concellos galegos, para a mellora dos mercados municipais e prazas de abastos, así como dos espazos do comercio; unhas axudas, dixo, encamiñadas á promoción, mellora da calidade e imaxe destes espazos.

Concluíu Roldán Rodríguez manifestando que entre outras actuacións, estas axudas consisten na reparación, modernización e remodelación da estrutura física e das instalacións de uso comunitario; na supresión de barreiras arquitectónicas; na mellora do consumo de recursos enerxéticos; na adquisición e instalación de sistemas que posibiliten a reciclaxe e a eliminación de residuos, sinalización e, en xeral, en accións encamiñadas á promoción e mellora da calidade e imaxe deste formato comercial.